Mineria en Galicia


 

Corcoesto, A Limia, Castrelo de Miño… e agora tamén, a montaña de Lugo, con dúas reservas da biosfera incluídas. Un dos territorios ambientalmente mellor conservados do vén de prender a alarma polo inicio da toma de mostras de subsolo á procura de minerais susceptibles de seren extraídos. Quen busca é Goldquest Ibérica, S.L., a filial en España dunha empresa canadense que cre posible atopar cinc, cobre, ouro, prata e chumbo neste entorno privilexiado. Esta toma de mostras realízase grazas a un permiso outorgado pola Xunta no verán de 2011 para explorar 68 cuadrículas mineiras que agora a empresa pide ampliar a 396 -unhas 12.000 hectáreas-, ampliación que saíu a información pública o pasado febreiro.

No caso de que estas tomas de mostras derivasen nunha aposta por desenvolver unha explotación mineira esta non sería, en absoluto, unha mina máis. A práctica totalidade da zona na que Goldquest vai buscar minerais aféctalle ao territorio da Reserva da Biosfera do río Eo-Oscos-Burón e da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Ademais, aféctalle tamén ao Lugar de Interese Comunitario (LIC) Serra da Foncuberta, unha zona incluída da proposta de ampliación da Rede Natura que está tamén en plena tramitación.

Mentres determinados sectores políticos e mediáticos da zona procuran trazar un retrato no que a posibilidade dunha instalación mineira é agardada con esperanza xa se escoitan as primeiras voces que alertan dos notables riscos ambientais e, por extensión socioeconómicos. Así, dende a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) explican que, no caso da reserva Eo-Oscos-Burón unha mina podería afectar de maneira “directa” ao río Eo con “consecuencias” na canle fluvial “e tamén na desembocadura da ría de Ribadeo, incluída na propia reserva e tamén considerada “LIC e Zona Húmida de Importancia Internacional”. No caso de Terras do Miño, as “afeccións directas” chegarían “a unha gran superficie da bacía alta do río Miño” e a “multitude de ríos e regatos” de menor dimensión.

O Concello da Fonsagrada, contra o “expolio”

Ao contrario do que acontece noutros casos, como por exemplo en Corcoesto, na montaña luguesa non todas as autoridades locais “aplauden” a posible chegada da multinacional mineira. Un dos concellos nos que reina maior desconfianza é na Fonsagrada, cuxo alcalde, Argelio Fernández (PSdeG), amosa múltiples receos, a comezar por que a Xunta “autorice 2.000 mostras, sobre 396 cuadrículas entre catro concellos” sen sequera “consultar” nin “comunicar formalmente” a quen “temos a responsabilidade de xestionar este territorio”. “Estase formulando un mostreo que nós nin autorizamos” porque “non leva acompañada licenza municipal” que, advirte, será esixida “no caso de que haxa algún movemento de terras”, como contempla a Lei do Solo, explica en conversa con Praza Pública.

Pero, alén destas explocacións iniciais, o rexedor fonsagradino advierte de que “todo o que coñecemos” a respecto de “explotacións de ouro” e semellantes implica “tropelías” realizadas por “empresas estranxeiras ás que nos seus países de orixe non se lles permite facer” o que si poden “en países onde a normativa é máis laxa”, isto é, “levar o que temos no subsolo facendo unha desfeita monumental”. “Nós -subliña- non entendemos que se poida autorizar a alguén para vir expoliar o noso solo” e, aínda por riba, “que o valor engadido” marche fóra, deixando “só un territorio moito peor do que temos”.

Neste contexto, e “respondendo polos tres grupos políticos” do consistorio (PSdeG, PP e BNG) -así, di, quedou acreditado no pleno municipal do pasado mércores- Argelio Fernández salienta que se Goldquest “atopa algo significativo” na zona o Concello da Fonsagrada se manterá “na defensa a ultranza do noso territorio, da nosa xente e da nosa maneira de vivir e entender esta terra”, á que “ningúen nos veu nunca traer nada”. “Se vén unha multinacional o que que pretende é levar o valor engadido e deixarnos a nós os problemas”. Por este motivo pregúntase ademais cal é “a vontade da Xunta” de cara a unha eventual autorización dunha mina. “Nunca se preocuparon de traer nada importante para esta terra e só falta” que permitan “que os de fóra poidan levar a riqueza que, hipoteticamente, poidamos ter”. Por iso, conclúe, a súa prioridade será a defensa dos valores ambientais da zona e das reservas da biosfera. Esa, advirte, é tamén a opinión “da inmensa maioría da xente da Fonsagrada, que non está interesada en que haxa nada que nos veña facer dano”.

imageTomiño ameazada por unha nova explotación aurífera  

A empresa canadina Medgold acaba de recibir o visto e prace para comenzar novas exploracións en busca de ouro na parroquia de Pinzás, en Tomiño, un concello gobernado polo BNG.

Segundo apunta a compañíá nun comunicado, o pasado 15 de marzo “completouse o proceso de solicitude” de tres licencias, tras pagar todos os “impostos correspondentes”. Isto implica que xa conta cos permisos da Xunta. A área a analizar abarca 79 quilómetros cadrados, que non están suxeitos a licitación pública, aínda que a empresa agarda tamén aumentar as prospeccións a outros 14 quilómetros.

Os traballos de investigación en Pinzás comenzaron en 2005 cando esta empresa recolleu mostras de rochas nas que había restos de ouro.  De feito, basearonse nos traballos previos doutra empresa na década de 1980. Medgold recolleu 21 mostras de rocha nas áreas de solicitude dos permisos.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/13950.html

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en comisión de problemas sociales, foro. Guarda el enlace permanente.